25/05/16

Campamento tecnolóxico de verán en Vilagarcía

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Concello de Vilagarcía de Arousa pon en marcha este verán un Campamento Tecnolóxico destinado a mozos e mozas de 15 a 35 anos de idade, actividade de balde onde os participantes recibirán formación práctica sobre o uso de tecnoloxías emerxentes como aplicacións móbiles, robótica, programación ou GPS, co fin de que as poidan aplicar ás súas actividades laborais, sociais ou de lecer. O primeiro campamento, para un grupo de 25 usuarios, desenvolverase durante a semana do 11 ao 15 de xullo en horario de 10:00 a 15:00 horas; mentres que o segundo será a seguinte semana, do 18 ao 22 de xullo, co mesmo horario. O prazo de inscrición para os campamentos tecnolóxicos pecha o 17 de xuño. Os formularios poden baixarse dende o taboleiro de anuncios da web municipal e presentarse no rexistro xeral.
Pe de paxina