20/05/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Tecnópole abre o prazo de inscrición no seu campamento tecnolóxico de verán

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do seu campamento tecnolóxico de verán, os Tecnópole Technological Workshops (T2W). O campamento terá lugar entre o 4 e o 15 de xullo e estará dirixido a 40 rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos. Todos os participantes traballarán no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos con diferentes graos de complexidade en función das súas idades. O custo por participante será de 290 euros con todo incluído, dende o transporte dende varios puntos da cidade de Ourense ata a comida e todas as actividades. A preinscrición está xa aberta na web t2w.tecnopole.es
Pe de paxina