20/05/16

A Deputación de Pontevedra pon en marcha un proxecto de telearqueoloxía

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Con motivo do Día Internacional dos Museos, a Deputación de Pontevedra presentou o proxecto Telearqueoloxía, que consiste en botar man das novas tecnoloxías e os medios audiovisuais para impulsar accións de coñecemento da arqueoloxía da provincia. Está dirixido tanto a persoas físicas como a colectivos implicados na posta en valor do patrimonio. Inclúe tamén un concurso de curtametraxes sobre esta temática. Máis información nos vindeiros días na ligazón: museo.depo.es/telearqueoloxia
Pe de paxina