18/05/16

Bolsas de verán de iniciación á investigación da agrupación estratéxica CICA-INIBIC (UDC)

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Agrupación Estratéxica CICA-INIBIC convoca as "Axudas de investigación da Agrupación CICA-INIBIC. Bolsas de verán de iniciación á investigación" para estudantes de grao e mestrado da UDC en titulacións relacionadas coas liñas de investigación dos grupos que a conforman. Os estudantes realizarán traballos de iniciación á investigación nun dos 23 grupos que forman parte da Agrupación. O formulario de solicitude, así como o resto de documentación, deberá enviarse antes das 14 h do venres 27 de maio ao CICA. Máis información: http://www.udc.gal/actualidade/eventos/2016/05/cicainibic.html
Pe de paxina