O Banco Pastor e GCiencia veñen de abrir o prazo de inscrición para os galardóns ás empresas máis innovadoras xurdidas no eido universitario. A principal novidade deste ano é que se amplía a invitación a participar a todas as empresas que teñan algún tipo de vinculación coas universidades galegas, tanto no apartado Idea Emerxente (que premia ás empresas e ideas máis innovadoras) coma no de Selo de Calidade (que distingue as traxectorias empresariais máis destacadas). As empresas interesadas en participar poderán presentar as súas candidaturas ata o vindeiro 31 de xullo.
Máis información: http://www.gciencia.com/wp-content/uploads/2016/05/Bases-dos-Premios-Galicia-Spin-Off-galego.pdf