27/04/16

Bolsas de verán de iniciación á investigación no CITIUS da USC

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • Estudantes que teñan rematado o terceiro curso do grao en Informática, Telecomunicacións, Matemáticas, Física ou disciplinas similares poderán optar ás cinco bolsas que convoca o Centro singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) coas súas Bolsas de Investigación Verán 2016. A través desta convocatoria, as persoas seleccionadas terán a oportunidade durante o mes de xullo de traballar directamente cos investigadores principais do centro nunha das liñas de investigación incluídas nos Programas Científicos, así como participar en relatorios e ciclos formativos que terán lugar durante a túa estadía. O prazo remata o 22 de maio. Máis info: https://citius.usc.es/sites/default/files/aloxamento/summer_scholarchips_2016_es.pdf
Pe de paxina