20/04/16

Obradoiro de introdución á robótica na Domus

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A Domus organiza un novo obradoiro de introdución á robótica, impartido por Robotix Galicia, socio certificado de Lego Education, para experimentar coa forza e o movemento, o equilibrio ou a estabilidade. O taller consta de 5 sesións, os días 30 de abril, 7, 14, 21 e 28 de maio, ás 16 e ás 17.30 horas. Para participar hai que realizar unha solicitude de inscrición a través dun formulario electrónico. Só se admitirán solicitudes de inscrición que se reciban entre as 9:00 e 15:00 horas do mércores 20 de abril. As persoas admitidas recibirán confirmación a través de correo electrónico. As e os participantes deberán aboar a taxa de acceso ao museo (1€). Máis info: http://prensa.mc2coruna.org/2016/04/la-domus-celebra-un-taller-de.html#gl
Pe de paxina