20/04/16

Novo libro de divulgación do CSIC sobre as proteínas dúctiles

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O CSIC vén de publicar un novo libro de divulgación dentro da súa colección "Que sabemos de?" sobre as proteínas dúctiles ou desordenadas, aquelas que carecen dunha estrutura tridimensional definida e que, no entanto, realizan importantes funcións para a vida. Neste libro a investigadora do CSIC Inmaculada Yruela explica como este tipo de moléculas está a provocar un cambio de paradigma en bioloxía, con importantes repercusións para a saúde. De feito, a súa plasticidade e flexibilidade permitiulles xogar un papel clave na evolución e o desenvolvemento de varias enfermidades. Máis información: http://editorial.csic.es/publicaciones/libros/12685/0/las-proteinas-ductiles.html
Pe de paxina