06/04/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Charlas para descubrir a ciencia nos clásicos da literatura

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O certame de relatos de inspiración científica Inspiraciencia, do CSIC, organiza o ciclo de charlas "Ciencia nos clásicos da literatura". Do 6 de abril ao 17 de maio, Barcelona, Donostia, Madrid, Pontevedra e Zaragoza acollerán oito encontros co público nos que investigadores e escritores falarán das conexións entre ciencia e literatura. En concreto, o ciclo é unha invitación a reler algúns clásicos, como Moby Dick ou Lolita, e bestsellers, como Millenium, pondo a énfase na ciencia que aparece neles, ás veces dunha maneira clara e evidente e outras de forma máis sutil ou, mesmo, colateral. En Pontevedra será este venres, 8 de abril, no Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Máis info: http://www.inspiraciencia.es/gl/charlas
Pe de paxina