01/04/16

Preséntase en Santiago e Lugo o programa ‘IGNICIA Proba Concepto’ de GAIN

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • A USC e GAIN organizan dous talleres de presentación do Programa IGNICIA Proba Concepto, que se desenvolverán os días 4 e 5 de abril nos campus de Santiago e Lugo, respectivamente. O programa ten como obxectivo facilitar a transferencia ao mercado de resultados de investigación xerados polos grupos de organismos de investigación públicos e privados de Galicia. Para cada proxecto seleccionado contémplase un investimento de entre 200.000 e 500.000 euros. A presentación do día 4 en Santiago será ás 12.00 horas na Aula Magna da Facultade de Bioloxía, mentres que a do día seguinte en Lugo será á mesma hora no edificio Cactus. Máis información: http://www.usc.es/gl/investigacion/avte/modules/news/news_0070.html
Pe de paxina