29/03/16

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Primeiro curso en liña en twitter sobre Microbioloxía

  • [ Máis divulgación ]
  •  
  • O Grupo de Innovación Docente en Microbioloxía da USC (MIKROBIOS) participa xunto con outros 27 docentes e investigadores de 20 universidades e centros de investigación no primeiro curso mundial en liña gratuíto vía Twitter sobre microbioloxía. A iniciativa está coordinada e organizada polo grupo de Docencia e Difusión da Microbioloxía da Sociedade Española de Microbioloxía (SEM). O obxectivo é difundir conceptos e nocións básicas sobre microbioloxía a estudantes de bacharelato, profesores de secundaria, universitarios, profesionais das ciencias, xornalistas científicos e público en xeral. Constitúe un curso en liña masivo gratuíto (MOOC) que poderá seguir calquera persoa a partir do 5 de abril (ata o 2 de xuño) con conta en Twitter coa etiqueta #microMOOCSEM.
Pe de paxina