24/11/15

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Clausura do Ano Internacional da Luz en Madrid

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • O Ano Internacional da Luz en España celebra o seu acto de clausura hoxe ás 19 horas, na sede central do CSIC en Madrid (Serrano, 117). O evento contará coa participación de John Dudley, presidente do Comité Directivo do Ano Internacional da Luz e profesor da Universidade de Besançon (Francia), que impartirá a conferencia "1000 years of optics, 50 years of solitons". Ademais, os asistentes poderán deixar a pegada da súa silueta nas paredes do edificio coa actividade "Captura a túa sombra", e visitar a exposición "Un universo de luz", realizada con motivo da conmemoración. Máis información: http://www.csic.es
Pe de paxina