21/10/15

Mes da ciencia na Biblioteca de Galicia

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • A Biblioteca e Arquivo de Galicia, da man do CSIC en Galicia, celebran durante o mes de novembro actividades familiares que descubrirán novos aspectos do mundo científico. O programa arrinca o sábado 7 de novembro coa obra de teatro "O polvo Octavio", dirixida a familias e que tratará contidos científicos relacionados coa vida dos cefalópodos. O 14 de novembro será a quenda de introducirnos nun laboratorio grazas ao Obradoiro de extracción de ADN, onde rapaces de 10 a 14 anos aprenderán a extraer o ADN dunha froita. O 21 de novembro terá lugar o Obradoiro de Arenoglifos, para nenos/as de 7 a 14 anos, que poderán facer unha pequena réplica dun petróglifo. Rematará o sábado 28 de novembro coa actividade Flora e fauna nunha pinga de auga.
Pe de paxina