29/09/15

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O CSIC convoca o concurso escolar de debuxo "O solo"

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • O CSIC, a través da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), e xunto coa Sociedade de Ciencias de Galicia, o Liceo Casino de Pontevedra e a Estación Fitopatolóxica de Areeiro (Deputación de Pontevedra), organizan, no marco da conmemoración do Ano Internacional do Solo 2015, un concurso escolar de debuxo. O certame, cuxo obxectivo é concienciar ao alumnado da importancia do solo, divídese en tres categorías: 6-7 anos, 8-9 anos e 10-11 anos. A participación canalízase, preferentemente, a través dos centros de ensino, que poden enviar por correo postal ao Liceo Casino de Pontevedra (C/ Manuel Quiroga, 21. 36002 Pontevedra) até 10 debuxos, de técnica libre e ao redor de temáticas relacionadas co solo, por cada categoría até o 23 de outubro. Máis información: www.delegacion.galicia.csic.es
Pe de paxina