04/06/15

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O CSIC ofrece unha exposición itinerante sobre a Luz

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • A mostra "Un Universo de Luz", que revela as propiedades da luz e describe as súas principais aplicacións, foi realizada polo CSIC co apoio da FECYT, no marco da celebración en 2015 do Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz, declarado por Nacións Unidas. Na súa elaboración participou un equipo multidisciplinar de expertos encabezado por Joaquín Campos, director do Instituto de Óptica do CSIC. De carácter itinerante, a mostra pode solicitarse a través das páxinas web do CSIC e da edición española do Ano Internacional da luz. Ademais, neste espazo é posible descargar os paneis en alta calidade co fin de expolos ou utilizalos como material didáctico nas aulas. http://www.csic.es/un-universo-de-luz
Pe de paxina