30/03/15

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

A Casa das Ciencias estrea novo programa de planetario

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • En Semana Santa, a Casa das Ciencias proxecta todos os días ás 13.00 horas, dende o sábado 28 de marzo ao luns 6 de abril, o documental «Deep Sky» en formato vídeo a cúpula completa (fulldome) que describe o que se esconde tras o fondo negro da noite. Ao longo de 30 minutos preséntanse as máis espectaculares imaxes obtidas polos grandes observatorios do mundo, tanto desde a superficie da Terra, como desde o espazo. Conta ademais con animacións 3D espectaculares que describen, por exemplo, a futura colisión da nosa galaxia a Vía Láctea coa de Andrómeda ou a morte das estrelas máis grandes en descomunais explosións de supernova. Máis información: http://prensa.mc2coruna.org/2015/03/deep-sky-nuevo-programa-de-planetario.html#gl
Pe de paxina