12/03/15

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Cómic "Vivir no solo"

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • Co gallo do Ano Internacional dos Solos 2015 a Delegación da Sociedade Española da Ciencia do Solo (SECS) en Galicia e o CSIC promoveron a edición en español, con novos contidos, do cómic "Vivir no Solo", editado polo Consello da Cultura Galega en galego no ano 2000. Tamén se realizou unha tirada de 2.000 exemplares do cómic en galego coa colaboración do Concello de Santiago. O cómic, que se concibe como un recurso didáctico, busca a través de 20 páxinas e en 60 viñetas concienciar acerca da problemática medioambiental do solo e da necesidade da súa protección. Diríxese tanto ao público infantil como ao público xeral e ao alumnado de todos os niveis educativos. Pódese descargar en: http://www.delegacion.galicia.csic.es/dgalicia/index.htm
Pe de paxina