09/03/15

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Galicia é un lugar ideal para observar a eclipse solar do vindeiro 20 de marzo

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC informa de que o vindeiro 20 de marzo terá lugar unha eclipse total solar que aínda que parcialmente se poderá ver en Galicia cunha importante magnitude. A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, terá o máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18. Retransmitirase vía internet polo Real Instituto y Observatorio de la Armada (ROA, http://www.eclipse.roa.es/), por Canal Ciencia (http://www.sky-live.tv/index-canal-ciencia.html) e por Misión Eclipse (http://www.misioneclipse.es/). Ademais, o Observatorio Astronómico da USC organizará no seu xardín unha sesión pública de seguimento. A eclipse deberá de observarse coas debidas precaucións, advirte o director do Observatorio da USC José Ángel Docobo, e ter especial coidado cos mais novos.
Pe de paxina