06/03/15

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

O CSIC presenta o "Xogo do Solo"

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • O CSIC presenta hoxe ás 12h, no marco do XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o "Xogo do Solo", un material didáctico dirixido ao público xeral e que, seguindo unha dinámica similar ao "Xogo da Oca", busca transmitir nocións básicas sobre o chan, así como concienciar aos participantes da importancia da súa protección e correcta xestión. Estará dispoñible no marco desta feira até o 28 de marzo e, posteriormente, o CSIC levarao a outros eventos de cultura científica. Esta iniciativa foi ideada pola UCC do CSIC en Galicia coa colaboración de persoal científico e técnico de dous centros de investigación: o Instituto de Investigacións Agrobiológicas de Galicia (IIAG) e a Misión Biolóxica de Galicia (MBG).
Pe de paxina