14/04/14

Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Ciclo sobre cristalografía na Estación Experimental de Aula Dei en Zaragoza

  • [ Conmemoracións 2015 ]
  •  
  • Con motivo do Ano Internacional da Cristalografía 2014, a Estación Experimental de Aula Dei (EEAD), do CSIC, en Zaragoza, organizou un ciclo de conferencias que abordará diferentes aspectos da cristalografía aplicada e da formación de cristais, como o estudo estrutural das proteínas, a caracterización dos chans ou a relevancia dos cristais na fisioloxía das plantas. Comezou o pasado 11 de abril cunha charla sobre as estruturas moleculares clave na división celular e, por tanto, no estudo do cancro. O investigador da EEAD Juan Ferreiro Isern falará pola súa banda, o próximo 24 de abril, sobre os cristais de yeso e a súa importancia para a fertilidade dos chans. Por último, a formación de cristais nas plantas como estratexia de defensa fronte ao ataque de patóxenos e herbívoros, o 8 de maio.
Pe de paxina