20/11/12

Entrada gratuíta aos Museos Científicos Coruñeses o 24 e 25 de novembro

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • A próximo fin de semana os Museos Científicos volven celebrar dúas xornadas de portas abertas con motivo dunha ocasión moi especial: a entrega dos premios Prismas á Divulgación Científica, na súa XXV edición. Para celebrar as vodas de prata do certame de divulgación científica, os días 24 e 25 de novembro a entrada será gratuíta á Casa das Ciencias, a Domus e ao Aquarium Finisterrae. As proxeccións de Planetario (Casa das Ciencias) e Cinema 3D (Domus) tamén serán gratis, previa retirada de invitación na recepción de cada museo.
Pe de paxina