12/11/12

Semana da Ciencia nos Museos Científicos Coruñeses

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • A Semana da Ciencia iníciase nos Museos Científicos Coruñeses con sete días de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. Do 12 ao 18 de novembro de 2012 a entrada será gratuíta nos tres museos, días en que os visitantes poderán visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia. Ademais, durante esta Semana da Ciencia programáronse actividades especiais, como un curso de biotecnoloxía para profesores, novas exposicións fotográficas ou a estrea dunha sala na Domus que funcionará como Laboratorio Aberto para grupos escolares.
Pe de paxina