29/10/12

Convocado o V concurso de relatos "Ciencia que conta"

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • O grupo DIVULGATIA do Dpto. de Física Aplicada da Universidade de Vigo, por quinto ano consecutivo, convoca o "5º Concurso de Relatos: Ciencia que Conta", que ten como obxectivos contribuír ao fomento da cultura científica e concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e benestar social de Galicia. A temática do concurso é a ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia, e achegarse ao traballo e ás profesións de científicos e tecnólogos. A quen vai dirixido? A todos e todas. Hai catro categorías: Público en Xeral, alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos. Máis información: http://cienciaqueconta.wordpress.com
Pe de paxina