19/10/12

Sigue aberto o prazo para presentar traballos a Galiciencia

  • [ Semana da Ciencia ]
  •  
  • Tecnópole abriu onte o período de recepción de proxectos para a maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia. A Galiciencia 2012 volverá estar aberta a estudantes de Secundaria, que desexen expor os seus proxectos neste evento. O apoio da Consellería de Economía e Industria, da Axencia Galega de Innovación e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía permite a celebración dos actos, que terán lugar entre os días 21 e 23 de novembro. As bases de participación poden ser consultadas na web de Tecnópole. O prazo final para a presentación de proxectos será o día 23 de outubro.
Pe de paxina