Contanos as tuas actividades Organizas actividades de divulgación?
CÓNTANOS!

Desentrañando os misterios do Cosmos coa Física de Astropartículas

  • EVENTO/S
    - Máis divulgación
  • TEMA
    Física
  • TIPO ACTIVIDADE
    Exposición
  • DIRIXIDO A
    Público xeral
  • PROVINCIA
    A Coruña
  • POBLACION
    Santiago de Compostela
  • LUGAR
    Facultade de Física. Campus Vida
  • DATAS
    do 17/01/11 ao 27/01/11
  • HORARIO
    De Luns a Venres de 9:00 a 21:00 h
  • CORREO-E
    gonzalo.parente@usc.es
  • TELEFONO
    981563100
  • ENDEREZO
  • RESPONSABLE/S
  • EQUIPO
  • DESCRIPCIÓN DA ACTIVIDADE

    Desentrañando os misterios do Cosmos coa Física de Astropartículas’ é a mostra que se poderá visitar entre o vindeiros luns 17, a partir das 11:00 horas, e o día 27 no edificio central da Facultade de Física, organizado polo grupo de investigación en Astropartículas da USC. 

    Paneis descritivos, imaxes fotográficas e vídeos conforman un percorrido temático que pretende achegar á cidadanía os misterios da materia e a enerxía escuras, a detección de ondas gravitacionais, a caza das partículas máis enerxéticas do universo realizada polo observatorio de raios cósmicos Pierre Auger, a astronomía de raios gamma ou os traballos realizados no meirande acelerador de partículas do mundo.
     
    O visitante da mostra familiarizarase cos conceptos esenciais da física de astropartículas ao tempo que entrará en contacto cos grandes experimentos que na actualidade se están a desenvolver de cara a unha mellor comprensión do cosmos.
     
    A exposición, xunto con outras actividades programadas, fináncianse dentro do proxecto Fecyt ‘ Semana española das Astropartículas’, así como polos proxectos Consolider CPAN e Multidark e polo propio grupo de investigación co apoio do centro compostelán. A iniciativa forma parte dun programa de actividades que a comunidade científica internacional en astropartículas promove co obxecto de achegar a ciencia á cidadanía.

     A mostra, que xa ten confirmada a visita de grupos de escolares de diversos puntos da xeografía galega, pódese visitar en todo o horario de apertura da Facultade, de 9:00 a 21:00 horas, aínda que os organizadores recomendan facelo mediante visita guiada do persoal do grupo de investigación entre as 10:00 e as 13:00 horas ou de 16 a 19 horas. Para realizar as reservas, os grupos interesados poden dirixirse ao correo electrónico gonzalo.parente@usc.es

  • INSCRIPCIÓN

    A mostra pódese visitar en todo o horario de apertura da Facultade, de 9:00 a 21:00 horas, aínda que os organizadores recomendan facelo mediante visita guiada do persoal do grupo de investigación entre as 10:00 e as 13:00 horas ou de 16 a 19 horas. Para realizar as reservas, os grupos interesados poden dirixirse ao correo electrónico gonzalo.parente@usc.es

  • ENTIDADE ORGANIZADORA
     Universidade de Santiago de Compostela Entidad del Contenido
  • ENTIDADE/S COLABORADORA/S
     Fecyt Entidad del Contenido
Pe de paxina